‘As notas do pemento’ encherá de música o convento de Herbón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O emblemático convento de Herbón, en Padrón, converterase en xullo nun inigualable escenario para a posta en marcha dunha nova iniciativa que vén da man da asociación Sementar. Baixo o lema As notas do pemento, o entorno do convento franciscano acollerá todas as fins de semana do próximo mes un ciclo de concertos. Entre a variada oferta atópanse tanto cuartetos de vento coma recitais líricos.

Así, os primeiros en saltar ao escenario do emblemático entorno padronés serán os membros da agrupación Ensemble Gioia. Trátase dun grupo de mozos composto por Belén Freire (á frauta), Natalia Insua (clarinete), José Manuel Quintián (Trompeta), Marta Freire (saxo alto), María Santos (saxo tenor) e Ana Moas (ó cello). A actuación será o próximo venres, 5 de xullo, ás 20.30 horas.

EL CORREO GALLEGO, 29/06/13

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.