O reloxo da Plazuela leva avariado todo o ano.
Moitas veces denunciou a ACP que o reloxo da Plazuela, que está instalado na fachada da Igrexa Parroquial de Pontecesures, permanece totalmente avariado coas agullas marcando horas e horas de diferenza co horario correcto. A veciñanza observa con decepción como pasan os meses e non se arranxa un reloxo adquirido polo concello en 1999 cos donativos de casas comerciais e que funcionou perfectamente ata a chegada do goberno municipal que temos. Ademais estase a dar una imaxe de abandono que prexudica o nome da vila.
Dende a ACP xa solicitamos ao goberno que xestionase diante da Parroquia a reparación do reloxo, acordando o que proceda en canto os gastos, pero o certo é que avaría non se repara e xa temos ao executivo local coa desidia de sempre, que é a tónica xeral nestes catro anos.
Pontecesures, 20/07/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios