Rosalía e o ‘espertar’ reivindicativo do galego.
Os herdeiros de Camilo Agrasar entregan á fundación a bandeira que presidiu a inauguración da estatua á cantora do Sar no Espolón // Homenaxe á comisión dos actos do 57 e 58.
Padrón voltou onte a ter memoria de seu, rendéndolle unha homenaxe a aquelas persoas que integraron a comisión organizadora de dous actos que serviron para manter viva a memoria dun país en tempos escuros. Ámbalas dúas datas estiveron envoltas entón na pantomima dunhas festas de Pascua nas que o trasfondo do acto era máis social e máis reivindicativo, salvando a censura dunha longa noite de pedra.
Naquel entón, a bandeira de Galicia, cubría a imaxe da autora de Cantares Galegos, e Otero Pedrayo enfatizaba un discurso en pro da poetisa… en galego. Un ano despois, e tamén nunhas festas de Pascua, celebrábase un acto literario coa coroación de Ramón Cabanillas como Poeta de Galicia. Tamén naquela data Otero Pedrayo, e a pesares de estar censurado, voltaba a pronunciar un discurso na lingua de Breogán.
EL CORREO GALLEGO, 21/07/13
0 comentarios