Carta aberta aos militantes do PSdeG-PSOE de Pontecesures
O 22 de xullo comezou o período de recollida de avais para a presentación de candidatura a Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na consulta non vinculante que convocou o Comité Nacional Galego e que terminará o día 2 de agosto ás 14:00 horas.
Tódolos militantes temos dereito a avalar a aquel candidato que desexemos, pero só podemos facerllo a un deles, quedando invalidado o noso aval, se llo fixésemos a máis dun.
Podese cumprimentar o aval por correo electrónico, descargando e imprimindo o modelo na web do PSdeG-PSOE: www.psdeg-psoe.org , para despois cubrilo e escanealo, enviándollo ao candidato avalado por via mail ou correo ordinario.
As webs dos candidatos presentados ata o momento son:
http://www.candidatomanel.com/
Dende a Executiva Local anunciamos que temos a disposición dos miltantes os documentos para avalar a cada candidato, e que nos días vindeiros poñeremos datas de apertura da sede para facilitar o proceso a quen o necesite e así recoller os avais para os candidatos.
No caso de que algún militante lle fora imposible acudir á sede local, poñédevos en contacto co Secretario Xeral ou coa Secretaria de Organización que vos facilitarán a firma de ditos avais.
Saúdos e sorte aos candidatos.
0 comentarios