Invitan a editar os ??Anacos?? de Borobó e facer a súa biografía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

borobo

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, reivindicou onte en Boiro una biografía sobre o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, no acto organizado polo Club Exxpopress e O Faiado-2 con motivo do décimo aniversario da súa morte.

Alonso Montero invitou ós concellos de Pontecesures (donde se fixo onte unha ofrenda floral ante a tumba de Borobó) e Boiro a convocar un certame para acadar a mellor biografía de Borobó. O presidente da RAG dixo que sería bo momento para facelo en 2016, cando se cumplirán cen anos do seu nacemento.

Pola súa banda, o catedrático Luis Alonso Girgado, asesor literario do Centro Ramón Piñeiro, plantexou a conveniencia de editar os Anacos de Borobó, é dicir, os artigos que publicou na sección que con ese título tiña no xornal La Noche, que dirixeu e ó que pertenceu dende 1946 durante 20 anos. “Son moitos; non menos de oito mil. Pero pódense editar en volumes”, dixo Girgado.

A secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, eloxiou a traxectoria de Borobó e tivo tamén un recordo para o recentemente falecido Enrique Beotas, referíndoseós dous como “mestres de xornalistas”. María Antonia Iglesias, que non poudo asistir por raazóns de saúde, quixo chegar una emotiva mensaxe para a viúva de Borobó, Carlota Paz.

EL CORREO GALLEGO, 29/08/13


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.