Entraron a roubar no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

Na madrugada do luns 21 ao martes 22, entraron a roubar nas dependencias administrativas do campo de fútbol municipal forzando as portas de ditas dependencias.
Aínda que xa tiñan acopiado algún material e bebidas, os ladróns fuxiron sen levarse nada. Pode ser que algún ruido ocasionara a fuxida das instalacións.
Pola mañá do martes, o persoal de limpeza sorprendeuse ao estar as portas forzadas e os materiais e bebidas xa acopiados e preparados para seren substraídos en calquera momento.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.