A ACP solicita ao Xefe Territorial de Educación o arranxo da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures.

Publicado por Redacción o

D. César Augusto Pérez Ares
Xefe Territorial de Educación
PONTEVEDRA

Dende hai moito tempo teñen coñecemento nesa xefatura que a cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures presenta unhas deficiencias que provocan pingueiras nos días de choiva e así é necesaria a colocación de caldeiros no solo de madeira para desenvolver minimamente a actividade docente no recinto.

En varias ocasións tentouse arranxar esta deficiencia, pero ata o de agora ninguén foi quen de atopar unha solución definitiva na cuberta para eliminar as filtracións dunha vez por todas.

Mediante a presente, solicítase unha actuación urxente para rematar con este problema que sofre toda a comunidade educativa do centro. Hai risco de caídas pola madeira esbaradiza, a instalación vai deteriorándose polo efecto das augas no piso e logo o custo da reparación total do solo vai ser moi elevada senón se fai nada agora.

Pontecesures, 25/10/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.