Uns 50 nenos/as do CPI Pontecesures desprázanse a Santiago en tren para visitar o Parlamento de Galicia.

Publicado por Redacción en

No tren que sae de Pontecesures ás 11:00 horas viaxarán a Santiago de Compostela hoxe luns, 25 de novembro, uns 50 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do CPI Pontecesures acompañados por catro docentes do colexio. Van participar nunha actividade do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela e regresarán tamén en tren a Pontecesures no mediodía.

Valora moito a ACP a iniciativa do CPI Pontecesures de desprazar ao alumnado por ferrocarril para este tipo de actividades. Por seguridade e por economía é o tren o medio de transporte máis axeitado para realizar este tipo de viaxe.

Tamén quere salientar a ACP a gran cantidade de viaxeiros que houbo onte, domingo pola tarde, non andéns para subir aos trens en Pontecesures (practicamente todos os domingos hai esta acumulación). Na súa grande maioría son estudantes que se desprazan ás localidades onde cursan os estudos perante a semana.

Todos estes feitos amosan que esta vila (como as de Catoira e Padrón) non poden quedar sen servizo de ferrocarril pola vía convencional cando se inaugure a liña de alta velocidade. Sería unha tremenda inxustiza que a alta velocidade, que favorece máis ben ás grandes cidades, condene a estas vilas deixándoas sen tren para sempre. O Ministerio de Fomento anuncia a alta velocidade do eixo atlántico en imnumerables ocasións en función do avance das obras, pero pouco ou nada fala de cercanías pola vía que temos. Hai inquedanza en Pontecesures e comarca pois non se garantiza con claridade a continuidade do tren e iso preocupa á ACP e a moita xente.

Pontecesures, 25/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.