A Deputación de Pontevedra vai subvencionar a contratación de 12 peóns por parte dos concellos da provincia.

Dentro do Plan Provincial de Emprego 2013 a Deputación vai subvencionar a contratación en cada concello da provincia de 12 traballadores por 6 meses (deben comezar como máximo o 1 de xuño de 2013) con contrato a tempo parcial por 25 horas á semana.

O subvención equivale ao salario mínimo interprofesional para unha xornada laboral de 25 horas semanais/traballador, 502,15 euros, e tamén á cota patronal, 264,23 euros/mes/traballador o que fai un total mensual de 766,38 euros. Deste xeito a subvención total é de 766,38 euros x 6 meses x 12 traballadores = 55.179,36 euros.

Hai importantes variacións en relación cos plan provinciais de emprego da Deputación. A diferenza doutros plans provinciais anteriores, neste ano a SELECCI?N DO PERSOAL E A CONTRATACI?N DO MESMO SERÁ REALIZADA POLOS CONCELLOS E NON POLA DEPUTACI?N COMO ANTES. Ademais, a diferenza dos anos anteriores, os desempregados, inscritos nos Servicios Públicos de Emprego, NON PODEN ESTAR A PERCIBIR PRESTACI?N ALGUNHA.

O Concello de Pontecesures debe presentar a solicitude para obter a subvención antes do 16 de abril (detallando cantos peóns deben ser de limpeza, construción, en xeral, etc…) e unha vez concedida debe realizar unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa para que dende alí envíen unha lista de desempregados aspirantes ao concello segundo a sondaxe correspondente. Van envíar un número de aspirantes por cada praza, pero LOGO A SELECCI?N DEFINITIVA DEBE FACELA O CONCELLO DE PONTECESURES.

Dende este medio informamos aos aspirantes desempregados que comproben que estean debidamente inscritos na Oficina de Emprego de Vilagarcía e cos datos actualizados, para poder aspirar a ocupar estes postos. Tamén é importante que se informen no concello pola tipoloxía de peóns ou operarios que solicita a institución.

Festa da Lamprea 2013.

Cartel Lamprea2013 Dredux

Día 14 de abril de 2013

XVIII Festa da Lamprea.

A lamprea servirase  a partires das 12.00 horas nunca carpa situada na zona portuaria.

 Precio da ración 10?

 I Feira do Comercio Local.

Haberá 20 postos dos comerciantes locales na rúa central para a venda dos seus productos.

De 16:00h a 20:00h habrá unha actuación dun grupo musical e ás 17:30h os nenos poderan sacarse fotos cos personaxes de Disney; todo  isto na Plazuela.

 Organiza: Concello de Pontecesures.

cartel feira comercio local5REDUX

Petición para as Festas do Carme 2013.

Informase que ante a proximidade das Festas do Carmen do próximo mes de xullo, uns veciños de Pontecesures acaban de crear unha Asociación Cultural denominada ??Festa Rachada? que será a encargada de organizar este ano ditas festas do Carme. Por elo, membros desta asociación realizarán en breve unha visita ós domicilios dos veciños/as para solicitar un donativo para sufragar os gastos que esto acarrea. 

 Aproveito para pedir a colaboración de todos/as, para lograr ter unhas festas dignas.

Nas primeiras oficinas de Novagalicia Banco que abren pola tarde a partir do 6 de maio non está a de Pontecesures.

Está previsto que 190 sucursais desta entidade abran no futuro mañá e tarde. Pois ben; na relación das primeiras 102 que a partir do vindeiro 6 de maio xa estarán abertas con horario tamén de tarde de 16:30 a 20:00 horas (de luns a xoves agás os meses de xullo e agosto) non está a de Pontecesures.
Si estarán abertas neste horario de tarde as oficinas de Padrón e de Caldas de Reis 1.