Outra decepción: Pontecesures non opta a un obradoiro de emprego.

Publicado por Redacción en

Con decepción coñece esta agrupación de que o noso concello non está incluído nos que solicitaron obradoiros de emprego ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 23 de decembro de 2013 (DOG do 10/01/14).
En base ao número de desempregados o Concello de Pontecesures non podía solicitar o obradoiro de emprego só, senón que tiña que facelo xunto con outro ou outros da zona (por exemplo sí o fixeron conxuntamente Valga, Cuntis e Moraña). Pero o goberno local de Pontecesures, coa pasividad habitual nestes case tres anos que levamos de mandato, non xestionou a solicitude con outros concellos e un ano máis nos quedamos sen obradoiro de emprego. Non se traballa, non hai ilusión, non hai xestión, nin sequera se tenta conquerir as axudas doutras administracións.
Con tantos desempregados que temos, xoves como maiores, resulta triste o sucedido. Moito falar as forzas que integran o goberno que ían adoptar medidas para paliar o desemprego e agora atopámonos con isto. Moito criticar a xestión do goberno anterior (por certo, no período 2007/2011 sí houbo un obradoiro de emprego), cando agora temos un goberno totalmente ineficaz. A única medida a prol do emprego do actual goberno foi retribuirse a eles mesmos coa adicación exclusiva de tres dos seus membros por primeira vez na historia de Pontecesures. E moitos non entendemos para que.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.