XIX Festa da Lamprea: a mesma demora que o ano pasado.
Extraoficialmente temos coñecemento que neste ano a festa vaise celebrar o 6 de abril de 2014 coincidindo coa Romaría de San Lázaro, pero a tres semanas do evento non sabemos nada máis.
Unha edición máis o goberno deixa para última hora algo tan importante como a información e a difusión da festa coa apatía e falla de ilusión á que nos ten acostumados. Durante os anos do actual mandato a celebración da exaltación dun peixe tan prezado na gastronomía galega e tan importante para economía cesureña, foi claramente a menos, botando por terra o traballo de gobernos anteriores que trataron sempre de prestixiar a festa.
Esperemos que o goberno municipal se poña as pilas e anuncie, dunha vez por todas, o programa de actos da festa aos veciños e o publique nos medios de comunicación. Non é de recibo contar co goberno máis caro por habitante de todos os municipios da comarca, onde cobran exclusivas tres dos seus integrantes como se reflicte nun recente estudo periodístico, e logo teñamos que soportar esta desidia.
Pontecesures, 14/03/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios