Adrián Castiñeiras e Fabián Domínguez, do Clube Náutico de Pontecesures, Campións de España de Maratón.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

C2 JUNIOR CAMPEONATO ESPA?A MARATON.1redux

C2 JUNIOR CAMPEONATO ESPA?A MARATON porteo

Novo éxito colleitado polo Clube Náutico de Pontecesures. O pasado fin de semana os integrantes do  C2 Junior Adrián Castiñeiras Troáns e Fabian Domínguez Abuín proclamaronse campións de España de maratón (piragüismo), proba celebrada o 10 e 11 de maio en Badajoz. Este triunfo supón a selección desta embarcación para participar no campionato de Europa que celebrará no mes de xuño en Eslovaquia.

Hai que recordar que esta parella xa logrou o campionato de España de maratón en 2013 acadando a 4ª praza no europeo de Portugal nese mesmo ano. O obxectivo deste ano e alcanzar o pódium na cita de Eslovaquia.

PODIUM CAMPEONATO ESPA?A MARATON BADAJOZ

 Fabián e Adrián no podium de Badajoz.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.