O arranxo do firme da rúa San Lois de Pontecesures eternízase.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

2014-06-05 20.40.30-1

Despois de nove meses e de varias denuncias nos medios de comunicación realizadas por esta agrupación, por fin o pasado martes comezou a obra para reparar a deficiencia do fime da rúa San Lois, na intersección coa Rúa Nova onde hai ocos considerables que afectan á beirarrúa e a zona de estacionamento de carga e descarga.

Os operarios comezaron sí e realizaron unhas catas sobre o terreno, pero foron vistos e non vistos. Non viñeron máis en toda a semana, colocáronse máis vallas e deixaron terra acumulada na zona co cal as molestias aínda son maiores. Os ruidos das chapas co paso dos coches son desagradables e non deixan descansar aos veciños e os camións de abastecemento ao supermecados teñen problemas serios para circular.

O que está a suceder con esta deficiencia é incomprensible. Bastantes veciños, cansos de nove meses de espera, expoñen agora numerosas queixas, pola situación que se está a vivir, e polo desinterese dun goberno local que permite este tipo de actuacións. Ninguén entende que despois de tanto tempo aguantando vallas e atrancos, veña agora unha empresa un día, se vaia, e non saibamos nada máis. Unha auténtica tomadura de pelo a todos no centro da vila.

Esperemos dunha vez por todas, que se repare inmediatamente o firme, facendo un chamamento ao alcalde para que interveña directamente no tema. A ausencia da primeira autoridade é habitual nestes catro anos, pero, alomenos, debe intervir nisto porque observamos que os tres tenentes de alcalde, que cobran un salario pola súa dedicación, non son quenes de solucionar, coa incompetencia de sempre, unha deficiencia nada menos que en nove meses.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.