ACTUACI?N DE ASFALTADO E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN 10 R?AS
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar.
As obras consistirán na mellora do firme en cinco camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide e Grovas), que xa contan cun pavimento asfáltico, pero moi deteriorado; na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que actualmente se atopa en terra, e na execución dunha nova capa de pavimento de formigón sobre o pavimento existente, en mal estado, nun pequeno tramo da rúa Fontaíña.
Ademais disto, executaranse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.
As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:
Zona | Rúa | Tipo de actuación |
01 | Rúa das Mimosas | Mellora do firme (asfalto) |
02 | Travesía Avdas Namorados e Arousa | Mellora do firme (asfalto) |
03 | Pista do regadío | Mellora do firme (asfalto) |
04 | Camiño a Mimosas | Pavimentación (asfalto) |
05 | Condide | Mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais |
06 | Grobas | Mellora do firme (asfalto) |
07 | Fontaíña | Mellora do firme (formigón) |
08 | Rúa Portarraxoi | badén elevado |
09 | Rúa San Lois 01 | badén elevado |
10 | Rúa San Lois 02 | badén elevado |
11 | Rúa sagasta | badén elevado |
As actuacións 01, 02, 03, 05 e 06 consistirán, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico actual, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) prevese realizar a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectarán ás tuberías e cunetas existentes.
A actuación 04 consistirá na pavimentación dun camiño que actualmente se atopa en terra, para o cal previamente se escavará a capa superficial de terra vexetal e se executará unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.
A actuación 07 consistirá na execución dunha nova capa de pavimento de formigón nun pequeno tramo da rúa Fontaíña, aplicada sobre o formigón existente.
En todas estas actuacións se procederá a poñer á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.
As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistirán na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde actualmente xa existen pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procederase a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde resulte preciso, se instalarán novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.
Entre asfalto e formigón mellorarase unha superficie de 4.700 m2
O total do presuposto ascende á 83.937,35? que será financiado polo PUSIM14 da Deputación de Pontevedra.
01. Rúa Mimosas
02. Travesia Avdas Namorados e Arousa
03. Pista do Regadío
04. Camiño a Mimosas
05. Condide
06. Grobas
07. Fontaíña
09. San Lois 1
10. San Lois 2
11. Sagasta
0 comentarios