Adxudicación da obra ??Renovación das redes de abastecemento e saneamento na Rúa Dr. Mosquera?

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Dr Mosquera 1

Dr Mosquera 2

A Xunta de Goberno Local do 11 de xullo ven de adxudicar a obra ??Renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Dr Mosquera á empresa Trabajos y Servicios Consercaa Galicia S.L. por un importe de 57.974,84?.

A rúa Doutor Mosquera é unha das principais vías do concello, xa que une a zona de Redondo e a estrada N.550 co barrio de Condide e as rúas do Ensanche e do Regadío. Ademais, a rúa soporta as liñas principais da rede de abastecemento de auga desde a depuradora municipal ata o núcleo urbano.

Actualmente, as canalizacións de abastecemento están nun estado moi precario. Trátase de tubos de fibrocemento con moita antigüidade, e que están sometidas a unha importante presión, o que fai que sufran roturas con moita frecuencia. Esta situación tradúcese na necesidade de realizar constantes reparación que supoñen non só un custo económico moi elevado, senón tamén unhas interrupcións periódicas no servizo de abastecemento a unha parte importante da poboación do municipio. Na reportaxe fotográfica adxunta obsérvanse varias das zonas nas que foi necesario demoler os pavimentos para chegar ata a canalización para a súa reparación.

Na obra prevista instalarase unha nova canalización de PVC ?200, de ata 16 atm. de presión, para o abastecemento de auga potable, quedando anulada a actual condución de fibrocemento pola marxe esquerda da rúa.

Por outra banda, a rúa conta unicamente con canalización de saneamento mixta, que leva tanto pluviais como fecais. Esta situación, que se repite noutros tramos da rede de saneamento do concello, está a provocar unha saturación da estación depuradora de augas residuais, e un incremento nos custos de todo tipo (enerxéticos, de mantemento, ?), xa que o caudal recibido pola EDAR vese incrementado respecto do estritamente necesario cun aporte importante de augas pluviais, coas repercusións ambientais que isto leva consigo. ? por isto que resulta preciso instalar un sistema separativo nesta rúa que permita, xunto con actuacións posteriores, reducir a aporte de pluviais á estación depuradora.

Na obra prevista instalarase unha canalización de PVC ?315 para conducir as pluviais, xunto cunha serie de arquetas de conexión e de sumidoiros. A canalización actual conservarase para que por ela circulen unicamente fecais. Unha vez realizada a obra pavimentarase cunha nova beirarrúa de formigón pulido.

Prevése o comezo das obras a próxima semana e o prazo de execución é de 2 meses.

 

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.