ADXUDICACI?N 9 ASFALTADOS EN DIVERSAS R?AS DO CONCELLO
Na Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe, 13 de agosto de 2014, adxudicouse a ??Obra de 9 asfaltados en distintas rúas de Pontecesures? á empresa Ponciano Nieto S.L. por un importe de 61.935,39?.
Os 9 asfaltados realizaránse en:
1º Rúa do Campo (paralela ó campo de fútbol)
2º Rúa Agro do Muiño
3º Rúa Carlos Maside
4º Rúa Otero Acevedo
5º Rúa das Patifas
6º Rúa Miguéns Parrado
7º Rúa Mimosas (intersección coa Rúa Ullán)
8º Cortinallas
9º Rúa do Ensanche
Actualmente, os viais nos que se pretende realizar esta actuación de mellora contan cun firme moi deteriorado, con moitas fochancas e co asfalto moi disgregado polo seu uso e antigüidade. Como se pode apreciar, todos os camiños contan actualmente con pavimento asfáltico en mal estado, e en todos os camiños atopamos numerosas tapas de arquetas que deberán adaptarse ao novo pavimento previsto.
As obras consistirán na mellora do firme e na ampliación da sección viaria de nove camiños, naquelas zonas onde máis necesidade exista polo estado actual dos pavimentos. As obras consistirán, maioritariamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, moi deteriorada, para o cal previamente haberá que proceder á limpeza das zonas e marxes, e ao bacheado das fochancas. No caso da Rúa do Campo, ademais de renovar a capa de rodadura, ampliarase a zona pavimentada incorporando as marxes existentes.
Os asfaltados realizaranse cunha capa de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia. Nas zonas ampliadas o asfaltado realizarase sobre unha capa de zahorra artificial. Será preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto. No caso das rúas Patifas e Carlos Maside, será preciso, asemade, realizar unha canaleta de formigón pulido in situ que permita recoller as augas á vez que rebaixar o nivel da zona de rodadura no seu encontro cos bordos das beirarrúas.
A obra é financiada polo PUSIM14 da Deputación e a duración estimada dos traballos será de seis semanas prevendo o comezo das obras en 7 ou 10 días.
Polo exposto, o equipo de goberno, solicíta a colaboración dos veciños afectados, pedíndolle desculpas anticipadamente.
0 comentarios