A ACP satisfeita por atenderse o seu rogo de renovar o vestiario do persoal municipal de limpeza de edificios.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nun recente pleno ordinario esta agrupación solicitou na quenda de rogos e preguntas a renovación do vestiario do personal de limpeza dos edificios municipais xa que o que tiñan, bastante antigo, xa presentaba un deterioro chamativo, perxudicando os traballos e dando unha mala imaxe da institución municipal.

Pois ben, a pesar de que a segunda tenente de alcalde, Cecilia Tarela, manifestou no pleno que non recibira queixa algunha polo que non consideraba necesario o troco da roupa, observamos con satisfación que o rogo foi atendido e agora o persoal luce vestiario novo de cor azul celeste, mellora ben valorada por esta agrupación á que lle foi transmitida tamén o agradecemento por parte de algúns traballadores.

Pontecesures, 22 de agosto de 2014

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.