O VINDEIRO DOMINGO 28 DE SETEMBRO RUTA SENDEIRISTA EN PONTECESURES DENTRO DO PROGRAMA GOZA DO ULLA.
O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese durante todo o ano nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río; como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 28 de setembro.
Esta ruta ten un percorrido aproximado de 17.5 km e realizase en 4 horas máis o menos. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. ? un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.
Por tratarse dun trazado circular (saída e chegada no mesmo lugar) non é precisa inscrición previa tan so hai que estar listo á hora da saída: DOMINGO 28 DE SETEMBRO ÁS 9.30 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.
Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, contaráse co acompañamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e tamén disporemos en tres ou catro puntos da ruta de servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos camiñantes.
0 comentarios