Exposición fotográfica na biblioteca de Pontecesures: «Os rostros do comercio xusto».

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CARTEL EXPOSICION FOTOGRAFICA BIBLIOTECA out2014web

A biblioteca de Pontecesures acolle a exposición sobre comercio xusto de Agareso e Amarante

As fotografías protagonizadas polo campesiñado de Ecuador propoñen unha reflexión sobre o consumo responsable e as achegas da cooperación internacional

 Pontecesures, 1 de outubro de 2014.- A biblioteca municipal de Pontecesures acolle desde hoxe a exposición ??Os rostros do comercio xusto??, da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Amarante Setem. A mostra, con entrada de balde, poderase visitar ata finais de outubro, mes no que se conmemora o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, concretamente o vindeiro venres 17.

A exposición protagonizada polo campesiñado de Ecuador componse de 25 fotografías autoría do fotoxornalista vigués Miguel Núñez, referidas ao proxecto da ONGD Amarante Setem (Galicia) coa Fundación Maquita (Ecuador) para apoiar a pequenas cooperativas dedicadas ao cacao, os cítricos ou a cana de azucre.

A actividade, encamiñada á reflexión sobre o comercio xusto e o consumo responsable, está organizada polo Concello en calidade de socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD.

O obxectivo é concienciar sobre a responsabilidade dos países do Norte no empobrecemento do Sur, amosando ao tempo o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Un labor que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas o avance cara unha equidade de xénero real.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.