A oposición de Pontecesures pregunta de novo pola aula TIC e o destino dos ordenadores.

Publicado por Redacción en

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE PONTECESURES
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, concedeu en 2012, ao abeiro dunha liña de axudas para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia (fondos europeos), unha subvención de pouco máis de 14.000 euros, subvención do 90% do custo total, para un proxecto integral dunha sala multiusos dixital a instalar no semisoto da Casa do Concello. (Aula TIC)

En maio de 2013, e logo do procedemento licitatorio, o concello adxudicou a actividade por 14.908,01 euros dos que a AGADER subvencionou o 90% de dito importe, aproximadamente, e o concello o resto. Acondicionouse con estes cartos o local para a aula e subministráronse 15 ordenadores novos co mobiliario correspondente.

En varias ocasións denunciouse que a aula TIC xa non existía e se nos contestou que estropeárase a alimentación dos ordenadores pola humidade a avariáranse os equipos.

Aos asinantes deste escrito parécelle moi grave que os ordenadores, que foron adquiridos cunha subvención finalista de fondos públicos para formar parte dun aula de informática ao servizo da poboación, non estean operativos no semisoto da Casa do Concello. Non sabemos nin onde están, nin que condicións presentan nin se están adicados a outros usos alleos á subvención concedida. O certo é que no local do semisoto do Concello non están.

Realizando as funcións de fiscalización e control e co fin de aclarar o que está a suceder, solicítase:

1. Autorización para consultar o expediente administrativo de adquisición dos 15 ordenadores coa factura corespondente.
2. Que se nos mostren físicamente, un por un, os 15 ordenadores. Queremos coñecer onde están, a que se adican na actualidade e se están en funcionamento ou avariados.

O obxectivo desta actuación é que a aula TIC estea operativa canto antes pois non se pode privarlle de dita aula á veciñanza nin tampouco incumprir o destino da subvención de fondos públicos concedida no se día.

Pontecesures, 15/11/14

Juan M. Vidal Seage (PP)

Maribel Castro Barreiro (IP)

Luis A. Sabariz Rolán (ACP)


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.