A ACP denuncia o incumprimento do Regulamento da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

No pasado pleno ordinario do 24 de novembro este concelleiro lembrou que o Regulamento de Organización da Escola Infantil Municipal de Pontecesures dispón o seguinte:
1. No artigo 15 está regulada a Comisión de Baremación presidida polo alcalde e integrada tamén, como vogais, pola director/a de gardería, un representante dos servizos sociais, o concelleiro de educación e un representante de cada grupo político, actuando de secretario un funcionario do concello. As funcións desta comisión son velar polo cumprimento do procedemento de ingreso dos alumnos coa aplicación dos baremos, propoñer ao alcalde as solicitudes de ingreso e dar conta á Comisión Educativa das altas e baixas que se produzan.
2. No artigo 40 regùlase a Comisión Educativa da EIM constituída polo alcalde, o concelleiro de educación, un representante de cada grupo político municipal, a directora da gardería, un educador do centro e un representante dos pais dos alumnos. Compete a esta comisión función tan importantes como aprobar o proxecto educativo do centro, aprobar a programación anual, estudar os conflitos de réxime interno, aplicar o regulamento, e outras relativas ao bo funcionamento de escola.
Indicouse logo ao goberno local que non se ten coñecemento da actuación destes órganos porque os representantes dos diferentes grupos municipais nunca foron convocados.
Sorprendeu a resposta da concelleira nacionalista Cecilia Tarela (o concelleiro de educación e servizos sociais fixo como outras moitas veces «mutis por el foro») pois recoñeceu que a comisión de baremación, por exemplo, nin se convoca e así as propostas de admisión realízanse coa única intervención dos servizos sociais do concello sen máis.
Non é serio incumprir así un regulamento aprobado por todos que se queda «nun papel mollado» para vergoña da administración municipal. Solicítase así que a situación anòmala sexa corrixida de inmediato convocándose aos órganos colexiados previstos no regulamento con carácter inmediato. Non é de recibo contar con tres concelleiros cobrando unha adicación exclusiva no goberno municipal, entre eles o concelleiro de educación, e nin sequera sexan quen de que se cumpra o regulamento da EIM.
Pontecesures, 04/11/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.