NOVA NORMATIVA PARA A XESTI?N DOS RESIDUOS DE APARATOS EL?CTRICOS E ELECTR?NICOS.
O Real Decreto 110/2015 do 20 de febreiro (publicado no Boletín Oficial do Estado do 21/02/2015) establece que os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) non poderán ser abandonados na vía pública e a súa recollida e tratamento debe facerse por separado.
Polo tanto, en cumprimento desta normativa, de xeito provisional e ata que por parte dos concellos que integran a rede de recollida de RSU da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza (entre os que está Pontecesures) se implante un sistema para a recollida deste tipo de residuos; na recollida de mobles e enseres domésticos que se está a levar a cabo actualmente non poderán incluirse aparatos eléctricos e electrónicos ??RAEE-.
Por parte do Concello de Pontecesures recoméndase aos veciños que para desfacerse dos RAEE poden facelo en establecementos comerciais distribuidores de electrodomésticos.
0 comentarios