O CONCELLO DE PONTECESURES ENTREGA Á AGRUPACI?N DE VOLUNTARIOS DE PROTECCI?N CIVIL UN NOVO REMOLQUE EQUIPADO PARA EMERXENCIAS.
No día de hoxe, por parte do Equipo de Goberno municipal, foi entregado un novo remolque con equipamento de emerxencias á AA. VV. de Protección Civil de Pontecesures. Este remolque foi adxudicado ao Concello de Pontecesures pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder-Galicia).
O remolque ven dotado cun completo equipo: Equipo electróxeno, bombas de achique, desbrozadora, motoserra, iluminación, conos de sinalización, etc.
Para o concello de Pontecesures este equipo supón un reforzo importante de cara ao servizo de emerxencias que ven levando a cabo a agrupación de Protección Civil cesureña xa dende fai anos.
0 comentarios