OBRAS REALIZADAS COA AMPLIACI?N DO ??PUSIM 2014? DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA
O Concello de Pontecesures levou a cabo unha actuación de asfaltado e mellora da seguridade viaria en 10 rúas e camiños municipais, actuacións necesarias para conservar e mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se actuou.
As obras consistiron na mellora do firme en seis camiños (Mimosas, travesía entre avda. Namorados e avda. de Arousa, Regadío, Condide, Grovas e Acevedos), que tiñan un pavimento asfáltico moi deteriorado; e na pavimentación dun camiño (camiño á rúa Mimosas) que se atopaba en terra. Ademais disto, executáronse catro pasos de cebra elevados (badéns), un na rúa Portarraxoi, dous na rúa San Lois e un na rúa Sagasta, cos que se pretende mellorar a seguridade viaria mediante a redución da velocidade, ao mesmo tempo que mellorar a accesibilidade para os peóns.
As zonas de actuación as denominaremos da seguinte maneira:
Zona – rúa | Tipo de actuación | |
01. | Rúa Mimosas | mellora do firme (asfalto) |
02. | travesía avdas. Namorados e Arousa | mellora do firme (asfalto) |
03. | Pista do Regadío | mellora do firme (asfalto) |
04. | Camiño a Mimosas | pavimentación (asfalto) |
05. | Condide | mellora do firme (asfalto) e saneamento pluviais |
06. | Grovas | mellora do firme (asfalto) |
07. | Camiño dos Acevedos | mellora do firme (asfalto) |
08. | Rúa Portarraxoi | badén elevado |
09. | Rúa San Lois 01 | badén elevado |
10. | Rúa San Lois 02 | badén elevado |
11. | Rúa Sagasta 01 | badén elevado |
DESCRICI?N DAS OBRAS
As actuacións 01, 02, 03, 05, 06 e 07 consistiron, basicamente, na aplicación dunha nova capa de rodadura de 5 cm de mestura bituminosa en quente, tipo D-12, incluído o rego de adherencia, sobre a capa de aglomerado asfáltico, previo recheo das fochancas existentes. A maiores, na actuación 05 (Condide) realizouse a recollida de augas pluviais da pista mediante a execución de cunetas laterais de formigón, que se conectaron ás tuberías e cunetas existentes.
A actuación 04 consistiu na pavimentación dun camiño que se atopaba en terra, para o cal previamente se escavou a capa superficial de terra vexetal e se executou unha base de 20 cm de zahorra artificial compactada.
En todas estas actuacións púxose á nova cota do pavimento as tapas de arquetas, pozos e sumidoiros existentes.
As actuacións 08, 09, 10 e 11 consistiron na execución duns pasos de peóns elevados, en 4 puntos onde xa existian pasos de peóns. Para isto, ademais de realizar os badéns elevados con aglomerado asfáltico, procedeuse a reformar as beirarrúas a ambos lados de cada paso, para poñelas á nova cota da calzada. Nos lugares onde foi preciso, intaláronse novos sumidoiros para evitar a acumulación de augas pluviais aos lados dos badéns.
Nas zonas ampliadas o asfaltado realizouse sobre unha capa de zahorra artificial.
Foi preciso axustar a cota das tapas das arquetas existentes ao nivel final do novo asfalto.
A realización das obras foi adxudicada á empresa Covsa por un importe de 83.937,35?
Reportaxe fotográfico:
- Rúa das Mimosas
- Travesía entre Avda dos Namorados e Avda de Arousa
- Pista do Regadío
- Camiño a Mimosas
- Condide
- Grobas
- Camiño dos Acevedos
- Badén Rúa Portarraxoi
- Badén Rúa San Lois 01
- Badén Rúa san Lois 02
- Badén Rúa Sagasta
0 comentarios