AVISO DO CONCELLO DE PONTECESURES: REGULACI?N DO ESTACIONAMENTO FRONTE Á CASA DO CONCELLO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

A partir do vindeiro luns 1 de agosto o estacionamento de vehículos diante da Casa do Concello de Pontecesures pasará e estar regulado por medio de sinalización horizontal e vertical. Deste xeito, están habilitadas e sinalizadas 2 prazas de estacionamento unha para a Policía Local e outra para persoas con discapacidade (e preciso ter a pertinente tarxeta que acredite esta situación).

IMG_0695web
O resto do espazo dispoñible, tal e como se especifica na sinal correspondente, será, en horario de 8.00 a 15.00 horas, única e exclusivamente para usuarios que estean a realizar calquer tipo de xestión nas oficinas municipais da Casa do Concello, e so durante o tempo que se precise para a devandita xestión. O resto do día este espazo será de estacionamento libre.

IMG_0696web

IMG_0697web

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.