Gato desaparecido
Fai xa un día que non se sabe nada de Zippie, o meu gato, non sería nada raro para un gato, pero si para este, que leva uns meses en Porto, e sae varias veces a dar unha volta e logo volta á casa a comer e durmir.
? un gato grande, en comparación cos gatos normais, gosta de tomar o sol no xardín (na rúa Deputación) e andar a correr polas leiras do lado. Está capado, polo que, ainda sendo un gato de raza (Ruso Azul) pouca utilidade ten si alguén o levou.
Cando sae, e non pode entrar espera na porta da casa ata que alguén entra, e moi tranquilo, só se adica a dar paseos (curtos), e logo facer compañía na mina casa. Os meus pais están disgustados, pola desaparición, xa que é un animal que sempre reclama e da agarimos, e non é «problemático», non se mete onde non o chaman, e cando o chaman, esté onde esté ven correndo coma un cadeliño.
Leva o colar da imaxe, ten o chip identificativo, e non debería estar moi lonxe (si ainda está por aquí) da miña casa, sendo o lugar máis lonxe ó que vai ó quinteiro (Baixando pola rúa deputación, antes de chegar ó Choco).
Os meus pais están realmente preocupados polo inusual da súa desaparición, sobre todo porque ó estar capado, o de ir á xanela non é algo que faga.
Non é o primeiro gato que nos desaparece ou aparece cun pau dado e que chega a morrer a miña casa, pero á diferencia é que este non é dos que se mete onde non deba, e todo o contrario. Polo pasado recente sospeitamos o que lle pudo ocorrer, esperemos que non, porque de ser así se tomarían medidas.
Si por algunha casualidade o gato asustouse ou está perdido, esta fora da súa zona, e alguén o ve pregamos nolo diga, si está asustado, coma todolos gatos, non se lle debe votar a man, so avisar para ir a recollelo.
Si está relaxado o normal é atopalo así:
Eu estou fora, deixei Sevilla e agora estou en Bilbao, polo que non podo participar activamente na percura de Zippie, só podo esperar, sei que os meus pais buscaron e rebuscaron, chamarono … sin resultado.
Si alguén o ve, agradeceriamos moito que nos fixesen saben onde anda para que volte á casa.
0 comentarios