O alcalde matiza as afirmacións nacionalistas sobre os circos.

Publicado por Redacción o

“non sin antes o señor Seage dar o seu particular punto de vista sobre este tema….”

Pois ahí vai o particular punto de vista do Sr. Seage sobre o asunto:

” A moción que vostedes traen a este Pleno fala moito de prohibición e pouco de lexislación. Focaliza o maltrato no sector do circo con animais, unha actividade que recordemos que é legal, tanto como o poden ser os saltos de hípica ou as granxas escola…, pero vostedes estigmatizan e criminalizan ó sector do circo ó extender a todo o colectivo situacións de maltrato nos que algúns membros de este colectivo poidan ter incurrido.

O Parlamento Europeo a través dunha resolución aprobada o 13 de outubro de 2005 insta ós países membros a que introduzan medidas concretas para lograr o recoñecemento do circo, incluída a presentación de animais, como elemento da cultura de Europa.

No ano 2011 nace o primeiro Plan Xeral do Circo, que si o tiveran lido vostedes e tiveran interés en analizar o sector en vez de criminalizalo,, en este Plan o sector do circo con animais comprometeuse ó cumplimento dos requisitos para a instalación dos circos, prestando atención ó cumplimento da normativa para o benestar e a saúde física e psíquica dos animais.

Non é incompatible a protección animal e o repudio ó maltrato animal tanto no circo como en calquer outro espacio co exercicio de actividades nas que participan ou se conviva con animais, e máis cando de estas actividades dependen os postos de traballo de multitude de persoas e familias….”

E ese foi o meu “particular punto de vista”….

Juan Manuel Vidal Seage

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.