Adxudicación da Obra MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE PONTECESURES NAS R?AS ENSANCHE E REDONDO

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

 REPARACI?N NA REDE DE SANEAMENTO NA R?A DO ENSANCHE E MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO NA R?A REDONDO (N-550)

 

Na Rúa do Ensanche existe actualmente unha rede de saneamento de residuais pola marxe dereita (sentido norte -> sur) e un tramo de recollida de pluviais pola marxe esquerda, funcionando o resto da rúa, pola dita marxe, mediante cunetas abertas pero que carecen de calquera tipo de acondicionamento, de xeito que están permanentemente cubertas de vexetación.

Na presente actuación preténdese continuar coa canalización existente de pluviais, nun tramo de 130 metros, canalización que sobre a que se executará unha beirarrúa de formigón,

Deste xeito, coa obra prevista, ademais de ampliar a rede de pluviais existente, e conseguir así aumentar a zona na que se separará correctamente o saneamento de pluviais do de residuais, se conseguirá deixar saneado todo ese tramo do vial.

 

Na Rúa Redondo (N-550) existe un colector da rede de saneamento pola marxe esquerda, ao que se van conectando directamente as edificacións existentes nesa marxe, mentres que os edificios e vivendas existentes pola marxe dereita conéctanse mediante cruces puntuais realizados mediante tubos de PVC ?200, que atravesan baixo a estrada.

Dous deses cruces, que dan servizo a tres edificios de vivenda colectiva, atascábanse con certa frecuencia, situación que se solucionaba mediante limpezas periódicas con auga a presión. Na última limpeza realizada, detectouse que os tubos están, nalgún punto baixo a calzada, obturados e rotos, xa que ao proceder a inxectar auga, mediante unha lanza de presión, esta non consigue atravesar os tubos, e a auga é devolta con arrastre de terra e xabre.

Para evitar ter que facer uns novos cruces baixo a estrada, ou levantar o existente para cambiar os tubos atrancados, prevese facer unha nova canalización que derive ese saneamento ata o seguinte cruce existente uns 78 metros máis cara o norte.

Será preciso, asemade, substituír os dous pozos de formigón existentes, para poder conectar correctamente o novo colector e as acometidas dos edificios.

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 26.318,32? dos que 21.052,02? son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental e 5.266,30? con fondos propios do Concello


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.