Escolas municipais de futbito e baloncesto.

Volver

A túa mensaxe enviouse

Warning
Warning
Warning
Warning

Advertencia.

INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE FUTBITO E BALONCESTO PARA OS MAIS PEQUENOS ( NADOS ENTRE 2012 E 2008).
(Mais información e descarga de formulario de inscrición pinchando na imaxe de abaixo).

O CONDIDE TEAM TRIUNFA EN PONTEVEDRA

O equipo formado por Juán Saborido Liñares “O Neno” e Luís Liñares Miguélez “Gulli”, ambos naturais de Condide – Pontecesures, acadaron o primeiro posto nas 12 horas de Pontevedra na categoria de parellas, dando en total 27 voltas a un circuito rompepernas de 9 km 400mts, 254 kms en total en 10 horas 45′.
Non se descarta a participación destes dous veciños nados en Condide en futuras probas de ámbito nacional.

ACTIVIDADES PARA NENOS/AS 2017/2018 CONCELLO DE PONTECESURES

  • ALMORZOS DIVERTIDOS: De luns a venres de 8.30 a 9.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

  • BODY JUMP INFANTIL: Luns de 17.30 a 18.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

  • ALOHA: Martes de 17.30 a 19.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

  • BODY JUMP FAMILIAR: Mércores de 19.30 a 20.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

  • INGL?S E TEATRO: Xoves de 17.30 a 19.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

  • JUDO: Venres de 17.30 a 19.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.

Contacto: Pitufolandia: 670 985 483

ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2017/2018 CONCELLO DE PONTECESURES

  • PILATES: Martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas no local anexo ao pavillón polideportivo.
  • XIMNASIA DE MANTEMENTO: Lunse e mércores de 9.30 a 10.30 horas no pavillón polideportivo.
  • XIMNASIA DE MANTEMENTO: Venres de 9.30 a 10.30 horas no Centro Xuvenil, a carón da Biblioteca Municipal.

Contacto: Inma García Gómez: 649 258 751  –  gginma83@gmail.com

 


  • XIMNASIA PARA MAIORES: Luns e mércores de 10.00 a 11.00 horas no Centro Social.
  • ZUMBA E AEROBIC: Luns e mércores de 20.00 a 21.15 horas no ximnasio do CPI de Pontecesures.
  • BODY JUMP, RECHARGE, TÁBATA, PERFECT BODY: Luns e mércores de 21.30 a 22.30 horas no ximnasio do CPI de Pontecesures.

Contacto: Móvete con nós S.L.: 659 447 995  –  info@moveteconnos.es

Comezan as clases de gaita en Algueirada para o novo curso.

O venres 6 de outubro, ás 17 horas, comezan no Centro social as clases de gaita que serán impartidas polo monitor Juan Ordóñez. Nese primeiro día vaise falar da estrutura das clases e dos horarios concretos. Para os novos alumnos/as e durante un mes as clases serán de balde.

Por outra banda, seguen as actividades de pandeireta (os sábados de 12 a 14 horas no Centro Social) e de danza tradicional (os mércores a partir das 17 horas no ximnasio escolar). Para os novos alumnos/as as clases no primeiro mes tamén serán de balde.