CORTE DO SUBMINISTRO DE GAS EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Por una avaría na rede de abastecemento de gas natural na zona portuaria de Pontecesures o subministro doméstico de gas quedará cortado en todo o pobo ata a subsanación da mesma. Esta avaría producíuse por un escape derivado dun pequeno golpe que un camión tivo coa caseta de rexistro da rede de gas (situada a carón da factoría de Nestlé). O escape xa está controlado e agora estase a proceder á reparación da avaría para restablecer o subministro o antes posible.

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.