Morreu María del Carmen Portas Cascallar.

Aos 80 anos de idade morreu esta veciña de Infesta, viúva de José Carril Santiago. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá 3 de xaneiro, ás 12 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Os socialistas de Pontecesures tamén critican os charcos no centro da vila.

As «burgas» en Pontecesures!!

Estimad@s veciñ@s, neste momento que tod@s temos que facer compras navideñas, encontramonos con este fenomeno da natureza, ou sexa, un inmenso charco, co cal disminue notablemente o aparcadoiro para tal fin. Supoño que vostedes opinan o mesmo. Que fai o goberno local? Teñen en conta os servizos da veciñanza? Non se ven.
Solucion: un pouco de xabre evitaria tal piscina. Xulguen vostedes. Saudos.

Socialistas de Pontecesures