PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adult@s consistentes en clases de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas adultas (ESO).

As clases son totalmente gratuítas e poderán incorporarse todas aquelas persoas que queiran concorrer ás probas oficiais libres de maio e setembro que permiten obter o título de Graduado en Secundaria nun único exame tipo test e sexan maiores de 18 anos (16 anos no caso de contar con contrato de traballo ou outras circunstancias excepcionais).

As actividades realízanse en coordinación coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Para solicitar praza, as persoas interesadas deberán dirixirse ás oficinas centrais do concello en horario de atención ao público, onde lles facilitarán o modelo de solicitude a cumprimentar, que tamén está dispoñible para a súa descarga na páxina web do concello www.pontecesures.org

Máis información na Aula de Educación para persoas Adultas no CPI Infesta (Rúa Avelino Pousa Antelo nº 2) de luns a xoves de 19 a 21 horas.

 ANEXO I SOLICITUDE EDUCACIÓN DE ADULTOS 2019

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.