O grupo socialista no seu primeiro ano dende a toma de posesión.
Xa hai un ano da toma de posesión d@s concellei@s do PSdeG en Pontecesures. Neste tempo fomos quen de sacar adiante numerosas iniciativas a prol dos nosos veciños e veciñas, como foron as mocións para o saneamento integral de verquidos ao rio Ulla, a limpeza de biomasa nos cauces fluviais ó seu paso pola zona urbana, a substitución progresiva das acometidas de auga en fibrocemento; a solicitude e aprobación do plan de prevención contra incendios forestais… e seguiremos, propoñendo a creación de rutas de sendeirismo e BTT nos montes de utilidade pública, por exemplo.
Tempo tamén no que seguimos a loitar polo interese xeral do pobo, pedindo a continuidade sa agrupación de protección civil, reclamando a limpeza das nosas rúas, facendo o seguimento da obra pública ou propoñendo medidas para salir de crise provocada pola COVID-19.
E así seguiremos, defendendo e promovendo o que consideramos de xustiza para o progreso do noso pobo, con humildade e traballo a ao servizo dos nosos veciños e veciñas.
Grupo municipal socialista de Pontecesures.
0 comentarios