Libro e placa para Pousa Antelo, novo fillo predilecto bañés.
Nora e Xela Pousa, as fillas do homenaxeado, co edil Ramos, 3º esqu., e o alcalde.
A Corporación da Baña aprobou, o día do seu aniversario e por unanimidade, nomear fillo predilecto a Avelino Pousa Antelo, un veciño nado hai 108 anos que, segundo as súas propias palabras, dedicou toda a súa vida “a desenvolver a conciencia galeguista e a traballar por unha terra máis libre, máis culta e máis dona do seu destino”.
Considerado un dos intelectuais máis activos na Galicia do s XX, é o segundo fillo predilecto que se nomea despois de que en 1998 tamén lle concedese esta distinción a García Barros.
Antes do xantar de confraternidade, e despois do pleno, celebrouse cas súas fillas Nora e Xela Pousa outro acto diante da casa da cultura, descubríndose unha placa na honra de Avelino Pousa, na que se lembra o seu nomeamento como fillo predilecto da Baña e resaltándose as múltiples facetas deste galeguista. E pra rematar, presentou o libro As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega.
0 comentarios