CAMPAÑA DE VERÁN 2022 (CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA)

Ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2022 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 94 do 16/maio/2022) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2022” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas. O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é DENDE O DÍA 18 ATA O 26 DE MAIO DE 2022, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello. Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10).Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran LINK PARA PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA (Necesaria CHAVE365, Dni-e ou certificado de sinatura dixital): Premer AQUÍ |
CAMPAÑA VERÁN 2022: CONVOCATORIA NO DOG (Diario Oficial de Galicia) CAMPAÑA VERÁN 2022: FOLLETO INFORMATIVO DOS CAMPAMENTOS. |
0 comentarios