Valga alegará contra o polígono de Pontecesures.
A Corporación de Valga debateu nun pleno extraordinario o proxecto de parque empresarial de Pontecesures que foi aprobado inicialmente pola Xunta e se atopa en período de información pública. Na sesión aprobáronse, por unanimidade, as alegacións que presentará o Concello, que se ve afectado por este proxecto xa que os terreos nos que se pretende instalar o polígono son lindeiros co termo municipal valgués.
As alegacións centráronse en dous aspectos: a xestión da auga e a existencia de dotacións públicas especialmente sensibles ao carón do futuro parque empresarial (centro de saúde; PAC con garda as 24 horas, gardería, colexio de Baño, IES de Valga, centro de FP, equipamentos deportivos, centro para persoas con discapacidade).
En canto á primeira cuestión, piden que as canalizacións de recollida de pluviais non se realicen a través de condutos que dirixan a auga cara o regato do Soutiño, na Devesa, un punto crítico en canto a desbordamenteos no que durante anos foron frecuentes as inundacións. Noutra pídese que a dotación das infraestruturas necesarias para o parque, especialmente as relacionadas coa xestión da auga, se resolvan nos terreos de Pontecesures.
El Correo Gallego
0 comentarios