Valga celebra os 102 anos de Regina Grela
É a veciña máis lonxeva da localidade
Regina Grela é, dende esta semana, a muller máis lonxeva de Valga. Así o acreditan os 102 anos que vén de cumprir. Só Hipólito Cerqueiras, que fixo os mesmos anos hai unhas semanas, supéraa en idade. Con motivo da conmemoración, o alcalde, José María Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio xunta as concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna. Os catro entregáronlle un ramo de rosas, unha torta e doces en nome de todos os seus conveciños. Loitadora e traballadora, Regina prestou os seus servizos durante máis de vinte anos na extinta cerámica Novo y Sierra.
La Voz de Galicia
0 comentarios