Teófilo Edicións publica ‘Mar de Santiago. A Xénese do Camiño’.

Publicado por Redacción o

 O autor do libro é o escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón.

Teófilo Edicións publica Mar de Santiago. A Xénese do Camiño, con texto do escritor e historiador ourensán Alberto Cacharrón Mojón. “Neste relato ilustrado nárrase a auténtica xénese do Camiño, un descubrimento que permitirá aos lectores tomar conciencia do verdadeiro significado da ruta que leva a Compostela”, indicaron desde a editora.

Engaden, ademais, que o autor do libro, Alberto Cacharrón, apóiase no máis importante dos chamados feitos santiaguistas para favorecer a difusión universal do mito xacobeo: a Traslatio. “As nosas costas son escenario desta ruta espiritual do Mar de Santiago, singradura que se desenvolve ao longo do único viacrucis marítimo-fluvial existente no mundo. Esta historia é orixe do camiño que cada peregrín realiza e que gracias á posta en coñecemento por parte do seu autor, o axudará a prepararse tanto espiritual como intelectualmente para afrontar con satisfacción a longa viaxe que lle queda por diante”, describen.

Esta publicación do editor compostelán Jose Luis Teófilo conta co apoio e patrocinio da Xunta e os concellos de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.