Pontecesures programa dúas obras de teatro para a cativada.

Publicado por Redacción o

O Concello de Pontecesures ten previstas dúas sesións gratuítas de teatro infantil para os próximos venres 9 e 16 de decembro, ás 19:30 horas, no centro social. A primeira actuación será “O lobo e a lúa”, un espectáculo de Baobab. O segundo, “Fazulas e o ladrón de paraugas”, é un espectáculo familiar no que Fran Campos mestura narración, monicreques e música para o goce da cativada.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.