Charla en Pontecesures sobre o manexo da medicación nas persoas con demencia

Publicado por Redacción o


Organizada polo Concello de Pontecesures e impartida pola Escola Galega de Saúde do Sergas poñemos a disposición da veciñanza este charla que ten por obxectivo adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de fármacos e tratamentos para as diferentes afectacións das persoas con demencia.
Participa!
Podes inscribirte no enlace:
https://extranet.sergas.es/…/InscricionCidadan.aspx…
Ou ben chamando aos teléfonos 986 55 71 25 – 670 51 28 14
Non esquezas que son prazas limitadas!!
Esta vai ser a primeira dunha serie de charlas, obradoiros e cursos que van ter por obxecto proporcionar información, coñecementos e habilidades en procesos de saúde e de enfermidade a pacientes, coidadores e cidadáns, co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.