Atópase un can perdido en Pontecesures.

Publicado por Redacción o

DEPARTAMENTO DE VIXILANCIA E SEGURIDADE DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Na tarde do, mércores 03/04/24, foi recollido por particular un can localizado polas inmediacións da carretera con evidente risco de atropelo-accidente. Feita a comprobación, o animal carece de “microchip” identificativo.

O animal nestes intres segue a coidado-custodia do comunicante.

Iniciouse o trámite co Centro de Acollida e Protección de Animais “CAAN” cuxa institución fíxose cargo-custodia do animal durante a tarde do día de onte 04/04/24.

A persoa que resulte propietaria poderá recuperalo chamando ó teléfono deste Departamento, ó número 649 09 11 01, de luns a venres de 8:00 h. 21:00 h., e daráselle as indicacións para a recuperación.

Xúntase fotografía para identificación.
Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.