O PP DE PONTECESURES PRESENTA ALEGACIÓNS AO NOVO REGULAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
O Partido Popular de Pontecesures vén de presentar alegacións á aprobación inicial do Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal de Pontecesures publicada no Boppo n.º 220 de 12 de novembro.
Cando a Xunta de Galicia implantou o gran avance social da gratuidade na atención educativa na educación infantil, fíxose necesaria a adaptación dos Regulamentos de Réxime Interior de todas as escolas infantís 0-3 da comunidade; un documento que, ademáis de ser preceptivo, ten unha importancia capital á hora de garantir o correcto funcionamento de este servizo esencial para as familias así como os dereitos das mesmas.
A elaboración de un documento desta natureza leva aparellado, ademáis de coñecemento, moito traballo; un traballo que, supoñemos, para algúns e algunhas, “rende pouco” políticamente, pero que non só é necesario, senón que é vital e, polo tanto, debe ser realizado con responsabilidade e rigor.
Despois de dous intentos fallidos por parte do actual equipo de goberno, no exercicio da nosa labor de oposición seria e en aras de garantir o cumprimento da normativa e de velar polos dereitos da cidadanía, vémonos obrigados a presentar alegacións a esta aprobación inicial do Regulamento de Réxime Interior da Escola Infantil Municipal de Pontecesures a fin de que aspectos tan básicos e críticos como o principio de igualdade e non discriminación, os criterios de admisión ou a aplicación do baremo para obter praza na escola, entre outros. se vexan afectados, co consecuente prexuizo para as familias.
CONCELLO DE PONTECESURES
0 comentarios