Ampliación de horarios na hostalería durante as Festas do Carmen 2025

Publicado por Redacción o

Os establecementos de hostalería de Pontecesures poderán permanecer abertos dúas horas máis durante as Festas do Carmen 2025, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de xullo.

A Alcaldía do Concello, mediante resolución ditada o pasado 3 de xullo, autorizou a ampliación dos horarios xerais de peche para cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo no marco das festividades en honra á Virxe do Carmen.

Esta medida permitirá que os locais de hostalería amplíen o seu horario habitual de peche ata dúas horas máis, respectando sempre as normas vixentes en materia de contaminación acústica e os tempos de desaloxo establecidos pola normativa autonómica.

A decisión baséase na Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, que faculta aos concellos para ampliar os horarios durante a celebración de festas e verbenas populares, sempre que se faga compatible co cumprimento das normas sobre contaminación acústica.

A resolución xa foi comunicada aos servizos de vixilancia municipal e á Garda Civil do ámbito territorial correspondente para garantir o seu cumprimento.

Os veciños e visitantes poderán así gozar dunha maior flexibilidade horaria nos estabelecementos durante estas xornadas festivas, que prometen ser de grande participación e ambiente na vila.

Consulta o documento completo: Resolución de ampliación de horarios Festas do Carmen 2025


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.