O PP de Pontecesures denuncia que o goberno local non foi quen de contratar unha brigada de extinción de incendios.

Publicado por Redacción o

En estes días en que os incendios forestais enchen os xornais e os medios, dicir que lamentablemente, no caso de que acontecese en Pontecesures, as brigadas de incendios este ano non poderán acudir… motivo…??, simple… o actual goberno non foi capaz de contratar brigada ningunha… esta vez a culpa disque é da Xunta.

Iso si, cando haxa que falar de compromiso e responsabilidade, xa sabemos: discursos non van faltar. O que faltará, como sempre, é a brigada.

Mentres tanto, seguimos xogando coa sorte: se non hai lume, perfecto; se o hai… xa veremos quen sae correndo primeiro, se o fume ou os responsables de dotarnos de medios para apagalo.

POPULARES DE PONTECESURES

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.