Segue a discusión entre a alcaldesa e o voceiro popular Vidal Seage sobre a non contratación da brigada forestal en Pontecesures.

Publicado por Redacción o

RESPOSTA DE VIDAL SEAGE

A alcaldesa decidiu replicar estando de vacacións… debe ser que a cousa é seria.

Non obstante o de gravarse a un mesmo non é un exercicio de narcisismo, máis ben axuda a aclarar cousas que doutro xeito pasarían inadvertidas.

Dí Maite Tocino que das 15 persoas incluídas na bolsa de contratación só aceptaron dúas. Nada sorprendente, se temos en conta que o convenio co Medio Rural se asinou o 25 de abril e se aprobou (ninguén sabe moi ben onde) o 8 de xullo, cando noutros anos, nese mesmo momento, as brigadas xa traballaban no monte. A súa conclusión é “vendo os antecedentes, imos agardar”, e a súa solución foi facer un “sondeo informal”, co resultado desastroso que todos coñecemos.

Dí tamén que o traballo de loitar contra un incendio require experiencia, formación e preparación. Certo. O que non explica é que nas condicións que ela mesma autorizou o 8 de xullo se establecía que os aspirantes debían “participar nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais”, priorizando estes labores sobre os de prevención. É dicir, a responsabilidade xa viña incorporada de orixe.

En canto ás condicións Se non están de acordo coas condicións que a propia alcaldesa asinou, ten na súa man melloralas. Nada llelo impide. Ou usar fórmulas alternativas, como fixeron outros concellos da comarca.

O que resulta difícil de aceptar é que para determinadas ocorrencias ou gastos prescindibles sempre haxa cartos dispoñibles, mentres que reforzar servizos esenciais teñán que ser sempre os de fóra.

Quizais sexa o momento de deixar definitivamente atrás a improvisación, de recoñecer os erros cometidos e de asumir sen evasivas todas as responsabilidades que corresponden ao tándem BNG–PSOE, encargado de gobernar o noso concello. O que se agarda dun goberno municipal é rigurosidade, compromiso e transparencia, non desculpas reiteradas nin actitudes infantís que buscan desviar a atención cada vez que a realidade se volve incómoda.

As crises e os problemas serios non se resolven botando balóns fóra, nin culpando a terceiros por decisións que foron tomadas aquí, co noso selo e a nosa sinatura. A madurez política mídese precisamente na capacidade de dar a cara, de aceptar responsabilidades e de exercer o liderado con coherencia.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.