40 aniversario do CB Río Ulla.

Este 1º día de setembro celebramos con orgullo o 40 aniversario do CB Río Ulla.
Un día tan especial merece lembrar ás persoas que fixeron posible esta historia: Fernanda, adestradora incansable; Pedro, preparador físico entregado; e tamén Jose Ramón e Manolo, profesores do colexio de Pontecesures, que sementaron a paixón polo baloncesto en rapaces e rapazas de Pontecesures e Padrón, permitindo que xogasen federados e fundasen o club.
Foi no 1985 cando aquel primeiro equipo se converteu no xerme do que hoxe é o CB Río Ulla. 40 anos non se cumpren todos os días, e nestas catro décadas o club acumulou milleiros de momentos inesquecibles, gardados nas lembranzas de centos de xogadores e xogadoras que pasaron polas súas pistas.
Grazas e mil veces grazas a Fernanda, Jose Ramón, Manolo e Pedro. Sen vós, nada disto tería sido posible.
E como se pode ver na foto, na tempada 1985-86 adestraban e xogaban baixo cuberto, no pavillón aínda sen rematar, que non se inaugurou oficialmente ata finais de 1986. Un recordo dun tempo de esforzo, ilusión e soños compartidos que sentou as bases do que somos hoxe.
CB Río Ulla,
0 comentarios