Pirotecnia e un documental para conmemorar os cen anos de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

Celebrarase tamén un pleno extraordinario para lembrar a constitución da primeira corporación municipal hai exactamente un século

O 9 de outubro do 1925, é dicir, hai exactamente 100 anos, constituíase a primeira corporación municipal do recén nado Concello de Pontecesures.

Para conmemorar a efeméride, o goberno local prepara na tarde de hoxe unha serie de actos oficiais. Un programa que arrincará ás oito cun pleno extraordinario de celebración que contará con intervencións dos tres grupos políticos que compoñen a actual corporación municipal. No acto proxectaráse un documental que recolle os testemuños históricos de parte da veciñanza de Pontecesures e a Asociación Cultural Xarandeira interpretará a Muiñeira de Cesures. A velada pecharáse cun espectáculo de fogos de artificio.

Dende o Concello apuntan á probable celebración de máis actos oficiais ata finais de ano, entendendo a dificultade de que a veciñanza poida participar na conmemoración de hoxe, ao coincidir no medio da semana laboral.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.