Imaxes da tertulia do 10 de outubro.

Publicado por Redacción o

O pasado venres vivimos unha tarde moi especial dentro das actividades do Centenario. Un encontro para lembrar, compartir e celebrar a nosa historia, a nosa xente e a nosa cultura.

𝐃𝐚𝐧𝐢𝐞𝐥 𝐒𝐞𝐢𝐣𝐚𝐬 𝐋𝐥𝐞𝐫𝐞𝐧𝐚, doutor en Historia Contemporánea, levounos da man por un percorrido fascinante pola historia do noso concello. Falou das orixes, da evolución e das míticas Feiras do Automóbil de Ocasión. Cunha intervención didáctica e moi aplaudida, fixo que a historia cobrara vida diante de nós.

𝐀 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐨𝐮 𝐝𝐚 𝐦𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐢𝐬 𝐆𝐢𝐥 𝐌𝐚𝐠𝐚𝐫𝐢ñ𝐨𝐬, que nos fixo vibrar cunha impactante performance de poesía visual, arte discursiva e artecorreísmo. Un estalo de arte contemporánea que non deixou a ninguén indiferente!

𝐂á𝐧𝐝𝐢𝐝𝐨 𝐃𝐮𝐫𝐨 𝐃𝐨𝐦í𝐧𝐠𝐮𝐞𝐳 compartiu fragmentos das súas obras e recitou poemas que nos emocionaron. Unha homenaxe á lingua e á memoria colectiva.

E 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐂𝐚𝐬𝐚𝐥 𝐀𝐮𝐭𝐫á𝐧 ofreceu unha interesante analoxía entre os escritores e xornalistas de antes e de agora en Pontecesures. Unha reflexión que nos fixo pensar na importancia de contar e conservar a nosa propia historia.

Grazas a todas as persoas que viñestes e fixestes desta tertulia un momento para lembrar! Seguimos celebrando!

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.