O PP de Pontecesures denuncia que a rúa Redondo leva varios días a escuras.

A rúa Redondo leva días a escuras. Mentres tanto, a alcaldesa opta por priorizar a instalación do alumeado de Nadal antes que resolver unha cuestión elemental de seguridade e convivencia. A mesma que en entrevistas televisivas sinalaba que deixar unha semana sen luz unha rúa era síntoma de mala xestión e pasotismo, agora revela a propia incapacidade do seu executivo para abordar unha incidencia mínima na rede pública.
O Concello traballa habitualmente con, polo menos, tres empresas para o mantemento do alumeado público. Resulta, canto menos, desconcertante que ningunha fose activada con eficacia para arranxar o problema, mentres os veciños seguen esperando por unha resposta e ven como as luces de Nadal concentran todo o esforzo institucional.
É fácil falar ante as cámaras; xestionar cando toca é outra cousa. Aquí, o fracaso xa non é só de xestión, senón de credibilidade.
POPULARES DE PONTECESURES
0 comentarios