Organizan unha ruta sobre A Bella Otero por Valga e Cesures aberta a todos os públicos.

Estatua da Bella Otero no seu concello natal de Valga.
Na tarde do domingo 21 de decembro, faráse un percorrido guiado por diferentes lugares relacionados coa Bella Otero tanto en Valga, como o actual parque Dios Mosquera, onde se erixe a estatua en homenaxe da artista, coma en Pontecesures, desde o lugar da Tarroeira, escenario da violación, a diferentes puntos do casco urbano, seguindo o itinerario que a diario realizaba para ir á escola a filla de Carmen Otero e de pai incógnito, segundo indica a partida bautismal da Bella Otero, nada o 19 de decembro do 1868.
A actividade están aberta a todos os públicos. As persoas interesadas en participar nela poden inscribirse chamando ao número de teléfono 617 421 276.
La Voz de Galicia
0 comentarios